21 jul. 2009

Xuntanza okupa galega na Casa das Atochas(coruña)


Ola,

os próximos 24 e 25 de xullo no L.S.O. Casa das Atochas terá lugar unha xornada da Universidade Popular e unha xuntanza para falar sobre a okupación.
Estades tod*s convidad*s tanto a participar das actividades como a propor temas a debatir, persoas a quen convidar, etc.
Aínda que non esteades vinculad*s de maneira directa coa okupación unha das motivacións desta xuntanza foi fortalecer os lazos que nos unen e a autoxestión. O que poda dar a coñecer a xente dende a experiencia dos centros sociais, asociacións ou mesmo denden o propio devir individual enriquecerá de xeito significativo o debate.
Haberá disposto sitio para durmir e a reciclaxe e as comidas organizaranse de xeito comunitario.Universidade popular e Xuntanza de okupacións

Programa:
24 e 25 de xullo, mañá e tarde

24 de xullo:
12.00 horas Universidade Popular, obradoiro de autoformación xurídica, introducción
14.30 horas Xantador
16.30 horas obradoiro de dereito civil e penal, teoría e práctica. Tráete o teu caso e aprende a resolvelo
Ao final Ceador

A cargo da Universidade Popular - preSOS Galiza, Fundación Sen Esquencer
Máis información: http://www.universidadepopular.info/

25 xullo:
12.00 horas pequena asemblea para falar do que queremos debatir.
14.30 horas Xantador
16.30 horas Debate político, son os que fan as cousas os que teñen que plantexar por qué as fan e qué queren, a okupación é un xeito de acción política e de desobediencia civil. Coordinación entre espazos, posibilidade de facer publicacións de actividades e difusión das mesmas conxuntamente, rede de apoio, publicación dun posible “manual de primeiros auxilios” da okupación, etc.
Ceador
Festa

Asistencias confirmadas: CSOA da estacion de Pontedeume, CSO de Bergondo, a Radio Piratona de Vigo, CSO a nave de Compostela e a xente da okupa de Vigo. Ademais virán máis persoas de Compostela, da ràdio livre Kalimera, de Pontevedra e Marín.

Unha aperta


preSOS Galiza, Fundación Sen Esquencer
L.S.O. Casa das Atochas
Leer más...